Concello da Coruña

Concello da Coruña
A meniña que vivia nunha caixa de mistos 15.11.2025

Todo Público Outono 2025 - A MENIÑA QUE VIVIA NUNHA CAIXA DE MISTOS de Caramuxo Teatro

Teatro de actriz e monicreques

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/11/2025

Xa rematou

Horario:

18.00 h

Duración:

40 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6,00 €

* abono 3 (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

menores de 3 anos: 2,00 €

* O abono 3 só pode adquirirse en despacho de billetes

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://www.caramuxoteatro.com/

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

A nena que vivía nunha caixa de mistos é un espectáculo de inspirado Caramuxo teatro no conto A vendedora de mistos de Andersen. Unha peza cunha linguaxe contemporánea e multidisciplinar que trata o tema da pobreza infantil e a orfandade, pero cunha mensaxe positiva, sobre o poder do cambio. Unha proposta de teatro de actriz e monicreques case sen palabras, que lembra ás películas clásicas en branco e negro. O espectáculo, que conta con música en directo, é a terceira parte da triloxía sobre os contos populares, que empezou con , As fabas máxicascontinuou con (Premio Feo María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil) e finaliza con esta peza.

Unha nena camiña pola rúa dun lugar a outro coa súa caixiña de mistos, cara á casa onde pasa a noite. Pola mañá sae polo pobo para venderlle mistos a quen as necesite. No seu día a día coñece un moitos personaxes e dous pequenos amigos, un ganso e unha gata que cambiarán de vida para sempre.

Autoría e dirección: Laura Sarasola, Juan Rodríguez

Elenco: Laura Sarasola, Juan Rodríguez (manipulación de monicreques) e Fernando Román (música en directo)

Público: + 4 anos

Duración: 40 minutos

Espectáculo en galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión