Con 20 anos de carreira musical e 6 discos de estudio, Las Migas convertéronse nunha das bandas españolas máis internacionais.
Para público en xeral
30/11/2025
Xa rematou
20.00 h
Platea filas 1 a 10: 25,39 €
Platea filas 11 a 19: 23,55 €
Palcos: 23,55 €
Principal: 20,79 €
Descontos do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas
Descontos do 25% para familia numerosa
**Os descontos aplicaranse logo da previa presentación do documento que acredite o desconto.
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Play Plan Cultural SLU
Con concertos realizados en máis de 50 países como Os Estados Unidos, A India, Francia, Exipto, México, Cuba, Italia, Namibia, Xamaica, Alxeria, Hong Kong, Alemaña, Chile, Suecia, Ucraína ou Marrocos, entre outros moitos. Tres veces nomeadas aos Latin Grammy na categoría de Mellor Álbum de Música Flamenca (2016, 2022 e 2024), premio co que se fixeron en 2022. Tamén gañadoras do Premio MIN en 2019 e 2023 polos seus álbums "Rumberas" e "Libres".
Durante a primavera de 2025, Las Migas estrearán o seu novo álbum "Flamencas", un traballo que supón unha homenaxe á esencia e a pureza do flamenco na que a banda transformou o seu código cara a unha mirada moito máis contemporánea, envoltas unha forza visual que xa se pode ver no seu videoclip "Celos", dirixido polo recoñecido fotógrafo de moda Javier Biosca.
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades