Concello da Coruña

Concello da Coruña

Praia do Orzán

Praia urbana céntrica e concorrida con alta ocupación. Ventosa e de ondada moderada. Contigua á praia de Riazor, só está separada desta polo coñecido 'Rompeolas'. Apta para practicar o surf e todo o tipo de deportes de praia, como o voleipraia.

Praia do Orzán
  • Ancho: 700 m
  • Area grosa
  • Bandeira azul
  • Praia céntrica e concorrida
  • Aseos
  • Duchas
  • Vixilancia, salvamento, socorrismo e primeiros auxilios
  • Acceso para persoas con discapacidade
  • Liñas de autobús: 3, 3A e 11
  • Aparcadoiro
  • Prohibida a entrada de animais de xuño a setembro
  • ISO 14001

Picasso e a praia do Orzán

Xunto ao parque de Santa Margarida realizábanse combates a pedradas. As praias de Riazor e Orzán, onde se entretiñan esquivando as ondas, son escenario dos xogos infantís de Picasso e os seus amigos Constantino Sardina Muíños e Antonio Pardo Reguera. No primeiro deses areais descubriu a nudez feminina, mirando a través da fechadura dunha caseta de baño.

Recomendacións

Antes de meterse na auga confirmar a profundidade que hai. Non tirarse de cabeza en zonas pouco profundas.

Segue a Ruta Picasso

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión