8 de xuño de 2025
Manuel Vázquez, Yoya Neira e Juan Ignacio Borrego representaron ao Goberno municipal nesta edición de ‘A Coruña en Marcha contra o Cancro’, organizada por AECC A Coruña co apoio do Concello
A Coruña acolleu hoxe a andaina solidaria 'A Coruña en Marcha contra o Cancro', unha iniciativa da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na provincia, coa que colabora o Concello. Máis de 3.300 persoas vestíronse de verde e participaron nesta iniciativa, que este 2025 chegou a súa edición número 12.
Os concelleiros Manuel Vázquez, Yoya Neira e Juan Ignacio Borrego tomaron parte nos actos previos á saída da andaina no Obelisco. O Goberno de Inés Rey apoia esta iniciativa solidaria, concibida para reivindicar a importancia de investir en investigación e acompañar ás persoas afectadas polo cancro, promovendo a visibilización dunha cuestión tan importante como esta.
A marcha percorreu cinco quilómetros do centro urbano da cidade. Tamén houbo actividades e sorpresas para todas as idades. Todo o recadado destinarase á investigación oncolóxica e á prestación gratuíta de servizos que a AECC ofrece a persoas enfermas e ás súas familias na provincia da Coruña, como atención psicolóxica, fisioterapia, nutrición ou logopedia. Só no último ano, máis de 2.500 persoas beneficiáronse destes programas.
Grazas ao apoio institucional e á colaboración activa do Concello, a cidade segue consolidando un modelo de participación social no que a solidariedade se converte nunha ferramenta transformadora.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible