Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

2 de xuño de 2025

A participación no Día do Deporte na Rúa é libre e sen inscrición

Haberá camisetas e agasallos para as persoas que participen nas actividades deportivas

A participación no XXVIII Día do Deporte na Rúa é libre e sen necesidade de inscrición previa. O mesmo día da celebración repartirase unha tarxeta de participación en cada unha das actividades deportivas ou no punto de encontro do Palacio dos Deportes. En cada tarxeta haberá tres marcadores para selar e en cada actividade que se realice poderase cubrir un.

Haberá 2.000 camisetas que se entregarán ás 2.000 primeiras persoas que teñan un selo na tarxeta. As camisetas estarán a disposición das persoas participantes no punto de encontro ata as 14.00 horas.

Ademais, haberá un sorteo de materiais das entidades colaboradoras, que se realizará o día 15 ás 13.45 horas no escenario situado na explanada do Palacio dos Deportes. Participarán todas as persoas que depositaron as súas tarxetas cubertas con tres selos. Haberá diferentes premios para maiores e menores de idade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible