Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

16 de xullo de 2025

Aberta ao público a mostra ‘Fotógrafos/as da natureza 2025’ no Aquarium Finisterrae cunha selección de 85 instantáneas

A exposición contén as imaxes premiadas na última edición do European Wildlife Photografer of the Year

O Aquarium Finisterrae recupera desde hoxe a mostra coas mellores instantáneas do mundo natural na exposición 'Fotógrafos/as da natureza 2025'. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou esta mañá na apertura, sinalando que "desde o Goberno de Inés Rey búscase que os museos sexan espazos vivos con novidades durante todo o ano que enriquezan o seu contido permanente".

A mostra contén as imaxes premiadas na última edición do European Wildlife Photographer of the Year, un dos concursos de fotografía de natureza máis prestixiosos do mundo, organizado pola Sociedade Alemá de Fotografía de Natureza (GDT nas súas siglas en alemán), e que ten como obxectivo incrementar entre o público a conciencia e o interese por preservar o medio ambiente.

A exposición contén un total de 85 fotografías que inclúen a mellor fotografía de cada categoría e mencións de honra e finalistas, distribuídas en nove seccións: Aves, Mamíferos, Outros animais, Mundo submarino, Eloxio das plantas, Paisaxes, O ser humano e a natureza, Forma e composición e Novos fotógrafos. Nesta edición presentáronse 18.000 imaxes enviadas por 928 fotógrafos e fotógrafas procedentes de 38 países. Das 85 imaxes premiadas, 15 corresponden a fotógrafos españois, incluíndo o gañador absoluto desta edición, Jaime Rojo, pola súa imaxe titulada «No bosque das monarcas».

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible