Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

20 de xuño de 2025

Great Straits e a Orquestra Sinfónica de Galicia estrean este sábado un espectáculo sinfónico cos grandes clásicos de Dire Straits

As últimas entradas para o concerto, que se celebrará no Palacio da Ópera, dispoñibles na praza de Ourense, no propio recinto e Ataquilla

Este sábado o Palacio da Ópera, a partir das 20.00 horas, acollerá o espectáculo Great Straits: Dire Straits Symphonic. Trátase dun concerto único que unirá á banda Great Straits coa Orquestra Sinfónica de Galicia, que interpretarán de maneira conxunta os grandes éxitos de Dire Straits. "Desde o Goberno de Inés Rey buscamos que a cidadanía goce de espectáculos únicos no mundo como este, que xunta a unha das mellores bandas tributo a Dire Straits coa alta calidade da nosa OSG", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

O espectáculo fará un percorrido polos éxitos da banda nun formato e plantexamento únicos a nivel mundial, coa base de rock de Great Stratis e o acompañamento da prestixiosa Orquestra Sinfónica de Galicia.  A estrea, o 21 de xuño, coincide co Día da Música. As  derradeiras entradas para o concerto están á venda a través da plataforma Ataquilla e nas billeteiras da praza de Ourense e do Palacio da Ópera.

Esta será a primeira vez que a OSG colabore cunha formación de rock, tras facelo anteriormente con formacións pop como Xoel López ou de música tradicional como Luar na Lubre.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible