18 de xuño de 2025
A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores o proxecto definitivo para acondicionar o Camiño do Cura
A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe de que a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto definitivo para iniciar o acondicionamento e mellorar a accesibilidade do Camiño do Cura, no barrio dos Rosales.
Os trámites para iniciar as obras aceléranse agora tras a aprobación provisional do POS 2025 da Deputación da Coruña, á que o Concello lle solicitou fondos en febreiro para cofinanciar os traballos.
O investimento total, de 534.000 euros, permitirá conectar adecuadamente as rúas Simón Bolívar e Alfonso Rodríguez Castelao a través do Camiño do Cura, onde se habilitará un novo percorrido peonil accesible, modernizarase a rede de pluviais e renovarase a rede de iluminación pública.
Avanza o plan para mellorar as infraestruturas da Urbanización Breogán
Ademais, hoxe aprobouse a saída a concurso das obras de construción dunha nova rede para a recollida de augas pluviais nas rúas Vicente Vázquez Queipo e Isidro Parga Pondal, na Urbanización Breogán, unha medida necesaria para avanzar no reforzo e mellora das infraestruturas municipais no núcleo residencial da Urbanización Breogán.
Para financiar os traballos, o Concello contará coas achegas da Deputación a través do POS, igual que no caso do Camiño do Cura.
A alcaldesa lembrou que, paso a paso, vanse cumprindo as necesidades da zona, "onde rematamos a remodelación da rede de recollida de augas pluviais na rúa Félix Rodríguez de la Fuente. Ademais, como informamos a mediados de maio, están en fase de licitación as obras de construción da nova pista multideporte, concibida para a práctica de baloncesto, fútbol e voleibol. Será a primeira instalación deportiva pública da Urbanización Breogán". Este novo equipamento, que será ao aire libre, estará nunha parcela municipal situada na rúa Antonio Casares Rodríguez.
24 de xuño de 2025
18 de xuño de 2025
11 de xuño de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible