Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

17 de xuño de 2025

A implantación en horario lectivo desta iniciativa, impartida por Iria Rajal, consolida un modelo terapéutico e educativo de referencia a nivel nacional

O Concello consolida a súa aposta pola musicoterapia na educación especial coruñesa

Un total de 74 alumnas e alumnos de tres centros educativos participaron este curso en sesións semanais de musicoperapia adaptadas ás súas necesidades

O programa Musicoterapia e pedagoxía musical para o alumnado con necesidades de apoio educativo, impulsado polo Conbcello a través da Fundación Emalcsa, continúa crecendo e consolidándose como unha intervención clave no ámbito educativo e terapéutico da cidade. No curso 2024-2025, o proxecto beneficiou a 74 alumnos e alumnas de tres centros educativos: o CEE Nosa Señora de Lourdes - Aspronaga, o CEE Nosa Señora do Rosario e A Grande Obra de Atocha, o que supón unha significativa ampliación respecto ao curso anterior.

Desde a súa posta en marcha durante o curso 2021-2022, o programa foi crecendo de maneira sostida. Este curso impartíronse 413 horas presenciais, con 15 sesións semanais, de outubro a xuño. Ademais, invertéronse máis de 45 horas adicionais de reunións de coordinación e preparación de recursos. A intervención contou co traballo especializado de Iria Rajal, musicoterapeuta, pedagoga musical e creadora do Método Vibria, que desenvolveu dinámicas adaptadas ao perfil e necesidades de cada aula.

Destaca tamén a consolidación de rutinas musicais no alumnado, a incorporación de partituras con notación adaptada por cores, a participación activa dos estudantes na creación de cancións e o uso de recursos como pictogramas, instrumentos vibro-acústicos, xogos motores, coreografías e técnicas de relaxación con diapasóns. Estas ferramentas non só estimulan o desenvolvemento cognitivo, senón que tamén reforzan a autoestima, a empatía e a autorregulación emocional.

A musicoterapia amosou ser especialmente eficaz para mellorar a coordinación, a linguaxe, a concentración e a expresión emocional do alumnado. Ademais, facilitou a inclusión e a cohesión de grupo en contextos educativos que requiren atención especializada.

O compromiso do Goberno de Inés Rey cunha educación inclusiva e de calidade, vese reflectido neste proxecto, que integra saúde, pedagoxía e benestar emocional na aula. A excelente acollida por parte de centros, docentes e familias reforza a necesidade de seguir apostando por este enfoque innovador e profundamente humano.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible