18 de xuño de 2025
O Concello transformará este espazo sen acondicionar nun novo punto de encontro e convivencia
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a licitación das obras de urbanización da praza José María Hernansáez, no barrio do Castrillón, onde se levará a cabo un investimento de máis dun millón de euros para transformar un espazo degradado e sen acondicionar nun novo punto de encontro e convivencia.
A alcaldesa, Inés Rey, lembrou que o proxecto de remodelación se lle presentou en marzo deste ano á veciñanza do barrio e agora, tras atender as achegas e suxestións das persoas residentes, avanza xa cara á fase de execución.
Desta forma, José María Hernansáez pasará a estar configurada como unha praza peonil que contará con novas sendas e zonas de lecer accesibles. Reorganizaranse as áreas verdes e renovarase a rede de recollida de augas. Ademais, reforzarase a seguridade viaria na contorna e melloraranse os accesos aos vehículos de emerxencias.
"Estamos comprometidos con revitalizar os barrios da Coruña, para responder ás súas necesidades e, como neste caso, a demandas que se remontan moi atrás no tempo, tras anos e anos de desleixo. Apostamos polo diálogo e a transparencia, falando cara a cara coa veciñanza, informándoa ao detalle e escoitando as súas achegas", explicou Rey.
24 de xuño de 2025
18 de xuño de 2025
11 de xuño de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible