Todas as actividades son gratuítas con inscrición previa, por orde de chamada ata completar a capacidade, no teléfono do museo: 981 189 850 (de martes a sábado das 10.00 ás 19.30 h)
Familias, Para público en xeral
07/10/2023
Xa rematou
Apertura do prazo de inscrición: mércores 27 de setembro ás 10.00 h
Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña
1. Visitas guiadas:
Percorrido guiado polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico, para coñecer o seu contido e a súa historia.
Horas: 12.00, 18.00 e 22.00 h
Duración aprox.: 1 h e 15 min
Público: adulto
Prazas: 25
2. Obradoiros infantís:
2.1. Arquitectura: MANS Á OBRA!
Nesta actividade mergullarémonos no mundo da arquitectura defensiva grazas ao coñecemento do Castelo de San Antón como fortificación, descubrindo as súas características a través dos elementos máis representativos, como son os baluartes. Traballaremos, primeiro, en equipos para construír con figuras xeométricas de gran formato diferentes estruturas e despois, de forma individual, para crear cadaquén a súa propia construción que se poderá levar para a casa.
Hora: 11.45 h
Duración aprox.: 1 h e 30 min
Público: de 6 a 12 anos
Prazas: 20
2.2. NumisLAB
Durante o transcurso da actividade as e os participantes achegaranse ao mundo das moedas para descubrir as súas orixes e as técnicas de fabricación durante a antiga Roma. Falaremos tamén do intercambio de produtos e da evolución no tamaño e no peso dos numismas. Para rematar, deberán poñer en marcha a súa creatividade deseñando a súa propia moeda que poderán levar para a casa.
Hora: 17.00 h
Duración aprox.: 1 h e 30 min
Público: de 6 a 12 anos
Prazas: 20
3. Obradoiro para persoas adultas:
GABINETE ARQUEOLÓXICO
As persoas que participen nesta actividade achegaranse ao delicado traballo que desempeñan os e as profesionais vinculados/as coa arqueoloxía, historia, museoloxía... Paso a paso descubriremos os procesos polos que pasan os obxectos arqueolóxicos unha vez que son atopados nas escavacións e percorreremos o longo camiño que fan ata chegar ás vitrinas dos museos. Unha actividade dinámica e práctica na que poderedes manipular diferentes ferramentas. Esperámosvos!
Hora: 19.30 h
Duración aprox.: 1 h e 30 min
Público: adulto
Prazas: 15
Os días 20/06/2025, 05/07/2025, 12/07/2025, 26/07/2025, 02/08/2025, 09/08/2025, 23/08/2025, 30/08/2025, 19/07/2025, 16/08/2025
Apertura do prazo de inscrición: mércores 25 de xuño, ás 10.00 h
Dende o 01/09/2025 ata o 05/09/2025
Dende o 25/08/2025 ata o 01/09/2025
Require inscrición.
Dende o 08/09/2025 ata o 09/09/2025
Dende o 01/09/2025 ata o 07/09/2025
Inscrición en liña
Dende o 08/09/2025 ata o 12/09/2025
Dende o 01/09/2025 ata o 06/09/2025
Inscrición presencial na biblioteca
Dende o 15/09/2025 ata o 19/09/2025
Dende o 08/09/2025 ata o 13/09/2025
Inscrición presencial na biblioteca
Dende o 25/09/2025 ata o 26/09/2025
Dende o 18/09/2025 ata o 24/09/2025
Inscrición en liña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible