Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

“Pum, pum!" de Baobab Teatro, ás 18.30 h (aprazada de setembro)

Espectáculo teatral para a primeira infancia

A quen vai dirixido:

Infancia, Familias, Para público en xeral

Cando:

13/12/2023

Xa rematou

Inscricións:

13/12/2023

Esta actividade tivo que ser aprazada por problemas técnicos no auditorio en setembro. As inscricións daquel día serven igualmente para esta nova data. Se alguén confirma que o mércores 13 de decembro non pode asistir, abriranse esas prazas a unha nova inscrición.

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

Pídese puntualidade. Non se permitirá o acceso ao auditorio unha vez comezado o espectáculo.

Horario:

18.30 horas 

Duración:

50 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

35 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

A compañía teatral Baobab Teatro tráenos en "Pum, pum!", abordada con sutileza e delicadeza, unha temática preocupante, os abusos sexuais na infancia, un tema tabú para a sociedade que convive no noso día a día e ten unhas estatísticas alarmantes.

Seleccionado para os XXII Premios de Teatro María Casares, é un espectáculo tenro que fala de historias cotiás que lles pasan ás crianzas, pero tamén fala dunha mensaxe moi clara, dende moi pequenos/as teñen que saber que ninguén os/as pode obrigar a facer cousas que non queren. Moito simbolismo nesta peza cuxo guión ofrece dúas lecturas diferentes: para maiores e peques. 

A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora.

Pídese puntualidade.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible