Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

"Baby Esferic", de Territorio Violeta

BEBESCENA Outono 2024

A quen vai dirixido?:

Familias con bebés dende 6 meses

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

15/12/2024

Xa rematou

Horario:

11.30 e 13.00 h

Duración:

45 min aprox.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 6,00 €

Abono familiar (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

Menores de 3 anos: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

  • Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.
  • Todas as persoas que accedan ao recinto onde terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan e de se ocupan ou non butaca.
  • Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (excepto auga).
  • Non se permite sacar fotos nin gravar durante a función.
  • A capacidade da sala é limitada, polo que che recomendamos adquirir as túas entradas con antelación para asegurares a túa praza.
  • Por cuestións de seguridade, os carriños e as cadeiras de bebé deben permanecer fóra da sala.
  • As entradas non permiten cambios nin devolucións, polo que che suxerimos revisar todos os detalles do evento antes de realizar a compra.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

agora@coruna.gal

"Baby esferic" é unha homenaxe á Terra.

Fala da maxia que nos une ao planeta e aos seus habitantes a través de diferentes historias e paisaxes. Sen texto, cunha linguaxe moi visual, unha esfera branca é a protagonista, que se transforma en diferentes paisaxes e simpáticos animais.

Todo é redondo. A súa estética, minimalista e delicadamente visual, dálle liberdade á imaxinación das persoas espectadoras.

"Baby esferic" captura a maxia da terra, ao ritmo dos bebés.

  • Dirección artística: Aboon Teatre
  • Interpretación: Eduardo Telletxea e Mei Samarra
  • Vestiario: Annie Wickaert
  • Deseño de luces: Estefano Razzolini
  • Música: Aurora Martínez e Mei Samarra

VENDA DE ENTRADAS

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Ágora: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles).

Pagamentos: no despacho de billetes da praza de Ourense, no do Ágora e na venda en liña con tarxeta de débito ou crédito, excepto American Express.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible