Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

Cinenterraza 2023: O DIÑEIRO

Un billete falso será o detonante para que a vida do protagonista caia nunha espiral de inxustizas e degradación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/07/2023

Xa rematou

Horario:

22.30 h

Pídese puntualidade, unha vez comezada a película non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

O mestre Bresson despídese cunha das obras maiores da súa excepcional carreira. Baseada nun relato de Leon Tolstoi, a película é un destilado do seu estilo onde nada falta e nada sobra. Radiografía implacable dunha sociedade apodrecida (a nosa).

Titulo orixinal: L'argent; Ano: 1983; Duración: 84 min.; País: Francia; Dirección e guión: Robert Bresson; Música: Johann Sebstian Bach; Elenco: Christian Patey, Sylvie van der Elsen, Beatrice Tabourin, Vincent Risterucci.

Convidado: SANTOS DÍAZ (cineasta)

Perfil biográfico: cineasta. As súas curtametraxes "A liña política", "Os prexuízos da auga" e "Din que non falan" competiron en festivais internacionais como Locarno ou Zinebi. Actualmente está a desenvolver a súa primeira longametraxe.

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Fórum: desde media hora antes do comezo da proxección(sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible