Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

Cinenterraza 2023: "Verán 1993"

Un verán moi especial comeza para Frida, de seis anos. O primeiro tras o falecemento da súa nai e o primeiro coa súa familia adoptiva, nunha contorna rural e bucólica que contrasta coa dor dun momento tan difícil.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/07/2023

Xa rematou

Horario:

22.30 h

Pídese puntualidade. Unha vez que comeza a película non se permitirá acceder á sala.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

A ópera prima de Carla Simón é unha película autobiográfica que utiliza un preciso ton semidocumental para falar dunhas cantas cousas importantes: medrar, o dó, os cambios e, a pesar de todo, a alegría dun verán.

Ano: 2017. Duración: 97 min. País: España. Dirección e guión: Carla Simón. Música: Ernest Pipó. Elenco: Laia Artigas, Bruna Cusí e David Verdaguer.

Convidada: Isabel Risco (actriz)

Perfil biográfico: actriz e pedagoga teatral. Formada con mestres coma John Strassberg, Eric de Bont ou Jango Edwards, participa en series e programas para TVG e en distintas producións teatrais.

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum: dende media hora antes do comezo da proxección (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible