Meixeverso é un show de humor. Unha gala de premios. Unha sala de cinema. Pero sobre todo unha oportunidade para conectar cun dos creadores de contido máis punteiros do momento. E en persoa é máis alto, xa por iso deberías ir tamén.
Para público en xeral
14/12/2024
Xa rematou
20.00 h
80 minutos
Platea: 16,00 €
Palco central: 16,00 €
Palco lateral: 16,00 €
Principal: 14,00 €
1.ª fila de principal, visibilidade reducida: 12,00 €
Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas
Desconto do 25% para familia numerosa
*Os descontos aplicaranse logo da previa presentación do documento que acredita o desconto.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Etiqueta Negra Producciones SL
teatrocolon@coruna.gal
Pablo Meixe caeu na conta de que ao longo e ancho dos distintos planos da realidade pódense atopar personaxes curiosos que poñen a proba o tecido da graza e o chiste. As adolescentes xa non escoitan K-Pop e os cuñados deixaron de dar consellos sobre coches de segunda man, indicando que o mundo está a piques de colapsar. Un mozo deberá utilizar todas as súas versións para salvar o multiverso: Pablo (Meixe) convídanos a unha viaxe chea de humor na que falará das súas vivencias, explicará as súas desventuras e coñeceremos por que m*rda aínda non o botaron do teatro.
VENDA DE ENTRADAS
Entidades
11/07/2025
18/07/2025
Dende o 12/09/2025 ata o 13/09/2025
20/09/2025
Dende o 26/09/2025 ata o 27/09/2025
Dende o 03/10/2025 ata o 04/10/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible