Melendi celebra 20 anos da publicación do seu disco debut “Sin noticias de Holanda” cunha xira na que incluirá cancións dos seus primeiros discos e un novo repertorio que non interpretara nas súas últimas xiras.
Para público en xeral
Os días 03/11/2023, 04/11/2023, 05/11/2023
Entradas esgotadas para os concertos dos días 3 e 4 de novembro
As entradas para o concerto do día 5 de novembro poñeranse á venda o luns 25 de setembro de 2023 ás 12.00 h
Xa rematou
Os concertos dos días 3 e 4 comezarán ás 21.30 h. A apertura de portas está previsata para as 20.00 h
O concerto do día 5 comezará ás 20.30 h. A apertura de portas está prevista para as 19.00 h
Pista: 48,00 €
Tendido Baixo (sentado numerado): 52,00 €
Tendido Medio (sentado numerado): 45,00 €
Tendido Alto (sentado numerado): 38,00 €
A entrada é nominal. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.
No momento da compra das entradas débese debe indicar o nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte) das persoas que vaian asistir tal e como figuran nos seus DNI.
Para poder acceder ao Coliseum, o/a titular da entrada deberá identificarse presentando o seu DNI xunto coa súa entrada.
No caso de que o/a titular da compra das entradas non dispoña de todos os datos para identificar as persoas acompañantes deberá indicar os seuspropios nas entradas destinadas aos/ás ditas/os acompañantes, e estará obrigado/a a asistir ao evento. Durante o acceso ao Coliseum todas/os elas/eles deberanse identificar como integrantes do mesmo grupo.
Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.
Esmerarte Industrias Creativas SL
Sin noticias de Holanda supuxo o inicio dunha carreira musical que levou a Melendi a converterse nun dos artistas máis relevantes ao longo destes 20 anos de historia musical. Para conmemorar o lanzamento do seu álbum debut, Melendi volve ás raíces do seu xénero e anuncia 20 años sin noticias, unha xira na que reinterpretará parte do repertorio dos seus primeiros discos e que incluirá cancións que non cantou desde hai máis de 15 anos, ademais por suposto, dos seus éxitos máis emblemáticos e que se converteron en himnos multixeracionais. En definitiva, a xira que todos os seus seguidores estaban a desexar que ocorrese desde hai moito tempo e que será neste 2023 en 10 únicas cidades e que contará cunha tripla parada na cidade da Coruña.
A xira "20 años sin noticias" virá acompañada polo esperado lanzamento do seu próximo disco, tamén titulado 20 años sin noticias, que verá a luz a finais deste mesmo ano.
Autorización de acceso para menores de 16 anos _Melendi 3 nov
Autorización de acceso para menores de 16 anos _ Melendi 4 nov
Autorización de acceso para menores de 16 anos _ Melendi 5 nov
VENDA DE LOCALIDADES
26/07/2025
17/08/2025
Entradas á venda o 1 de abril de 2025 dende as 10.00 h
30/08/2025
20/09/2025
Os días 18/09/2025, 20/09/2025
ENTRADAS Á VENDA DESDE O 21 DE OUTUBRO DE 2024 ÁS 12.00 h
20/09/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible