O Club de Teatro María Casares da biblioteca Sagrada Familia celebra o Día Mundial do Teatro coa posta en escena de "Historias para seren contadas" de Osvaldo Dragún.
Para público en xeral
27/03/2025
Xa rematou
De 19.30 a 20.30 horas
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada de balde. Podes solicitala nas bibliotecas de Sagrada Familia, Fórum ou Ágora.
981184392
O Club de Teatro María Casares conmemora o Día Mundial do Teatro cunha nova posta en escena que combina humor, retranca e crítica social. Neste espectáculo, a compañía representa dúas historias de Osvaldo Dragún que nos fan rir e pensar: Historia de como o noso amigo Panchiño González sentiuse responsable do andazo de peste bubónica na África do Sur e Historia do home que se converteu en can. O absurdo e a realidade mestúranse para ofrecernos un espello no que cuestionar os mecanismos da sociedade e a nosa propia humanidade.
Este grupo teatral naceu no seo da Biblioteca Municipal Sagrada Familia como un proxecto de teatro lido, evolucionando ata converterse nunha compañía amadora consolidada. Desde entón, manteñen o seu compromiso co teatro como ferramenta de expresión e pensamento crítico. Que mellor maneira de celebrar esta data que gozando dunha función feita con paixón e talento? Viva o teatro!
Tamén che pode interesar
11/07/2025
18/07/2025
Dende o 12/09/2025 ata o 13/09/2025
20/09/2025
Dende o 26/09/2025 ata o 27/09/2025
Dende o 03/10/2025 ata o 04/10/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible