Álex é un neno coma calquera neno de 8 anos que lle encanta correr, xogar, quedar cos amigos/as, ir ao parque... A súa paixón: o fútbol.
Dirixida a público familiar a partir de 5 anos
Familias, Infancia
27/05/2023
Xa rematou
18:00 h
* Pídese puntualidade, unha vez comenzado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €;
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Forum deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo forum@coruna.es
IMCE
forum@coruna.gal
Mais un día Álex ten que deixalo todo, porque o seu corpo non responde, non camiña... e coma calquera neno, Álex enfádase: enfádase coa súa nai, coa súa irmá, co seu can, ata co fútbol, Álex enfádase co mundo e asáltanlle moitas preguntas: por que a min?, por que non podo xogar? Por que, por que e por que?....,
Está tan enfadado que deixa de mirar ao seu arredor, ata que un día aparece Laura no seu camiño, e sen pedir permiso pero con moito coidado e agarimo entra de cheo na súa vida para mudarlle a ollada.
FICHA ARTÍSTICA:
Intérpretes: Cora Velasco e Xose Manuel Esperante
Autoría: Andrea Bayer
Dirección: Andrea Bayer e Óscar Ferreira
Adaptación: Andrea Bayer
Escenografía e vestiario: Óscar Ferreira
Deseño de son e iluminación: Daniel Abalo
Música: Baobab Teatro
Monicreques e decorados: Óscar Ferreira
Duración: 50 minutos
Idioma: en galego.
PREMIO "PROVINCIA A ESCENA" XXV FERIA DE TEATRO CASTILLA LEÓN
VENDA DE BILLETES
Entidades
07/06/2025
Dende o 14/06/2025 ata o 15/06/2025
As actividades son gratuítas e requiren inscrición previa.
Apertura do prazo de inscrición: mércores 4 de xuño ás 10.00 h
15/06/2025
Inicio de vendas para este espectáculo o venres 13 de xuño ás 11:00 h.
Os días 23/02/2025 á 01:00 , 09/03/2025, 13/04/2025, 04/05/2025, 15/06/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible