Peza encadrada no Corufest 2025
Para público en xeral
16/05/2025
Xa rematou
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
90 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
8'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Danza Contemporánea
Pablo e Federico profundan na historia das súas nais, ambas chamadas Mónica. Esta coincidencia fascinoulles desde que iniciaron a súa relación: ambas naceron en Arxentina nos anos 50, fillas de refuxiados de guerra europeos e ambas emigraron a España de adultas.
En Mónica, os dous artistas van en busca das historias das súas nais. Mónica Lilienfeld, a nai de Pablo, morreu en 1986 a unha idade temperá, deixando tras dela un gran número de pinturas fascinantes e cheas de cor. Mónica Pezdirc, a nai de Fede, liberouse da súa estrita educación católica e posou como modelo espida para as fotografías eróticas do pai de Fede na década de 1980.
Estas fotografías e pinturas constitúen os elementos visuais da obra, que combina performance, danza, vídeo e música. Aínda que se trata das súas nais, Lilienfeld e Vladimir poden ver a Mónica como a súa «filla» común. A parella de artistas entrelazan as xenealoxías tradicionais, e ao facelo tecen unha rede de maternidades non heteronormativas. Mónica é como unha telenovela na que conviven guerras, migracións e historias patriarcais clásicas xunto a aquelas historias que foron borradas.
Intérpretes: Pablo Lilienfeld e Federico Vladimir
Compañía: Federico Vladimir & Pablo Lilienfeld
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h
18/07/2025
06/09/2025
Dende o 12/09/2025 ata o 13/09/2025
19/09/2025
20/09/2025
Dende o 26/09/2025 ata o 27/09/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible