A Asociación Deportiva Cultural Bombeiros Coruña abre as inscricións para unha nova edición do trail e a andaina nocturna que se realizará en abril pola contorna dos montes de Mesoiro-Feáns, unha proba que ten como obxectivo gozar da natureza, ben sexa de maneira competitiva na carreira trail ou de maneira non competitiva na andaina.
Para público en xeral
12/04/2025
Xa rematou
Inicio da carreira:
Cumprir cos requisitos de idade:
- para o trail: ter máis de 18 anos
- para a andaina: poderán participar as persoas menores de idade, logo da autorización previa da nai/pai/titor-a (será obrigatorio que o/a menor estea acompañada/o en todo o percorrido, e será responsabilidade das súas persoas titoras o seu cumprimento).
Todos/as os/as participantes deberán levar o material obrigatorio de seguiridade: dorsal visible na parte dianteira e sistema de iluminación con pilas ou batería auxiliar de reposto.
Material recomendado: roupa e zapatillas adecuadas, sistema de hidratación e teléfono móbil
Haberá agasallos e trofeos para o 1º, 2º e 3º clasificados/as das diferentes categorías do trail
ADC Bombeiros Coruña
INSCRICIÓN: ata as 23.59 h do 9 de abril en liña en https://c-trail.ccnorte.com
LUGAR: saída/meta Pavillón Polideportivo Novo Mesoiro (o percorrido será circular, na súa maior parte por pistas, camiños e carreiros, excepto a saída e chegada, que transcorre polo asfalto).
DISTANCIA:
Trail: 14 km cun desnivel aproximado de 700 m
Andaina: 9 km cun desnivel aproximado de 350 m
07/06/2025
07/06/2025
07/06/2025
Dende o 07/06/2025 ata o 08/06/2025
Dende o 07/06/2025 ata o 08/06/2025
08/06/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible