1 de marzo de 2024
Hoxe inaugurouse en EXPOCoruña a feira de ecoturismo e produtos ecolóxicos con 150 expositores e diversas actividades
A Coruña consolida o seu liderado como cidade referente dentro do sector do turismo sostible e acolle a quinta edición de BioCultura, a feira de ecoturismo e produtos ecolóxicos que se inaugurou hoxe en EXPOCoruña e que estará aberta ao público ata o domingo.
O acto de inauguración contou con numerosas persoas asistentes, que puideron visitar ata 150 expositores dedicados a todo tipo de produtos ecolóxicos e sostibles relacionados coa comida, a artesanía, a moda sostible ou a estética e a saúde. Durante os próximos días espérase que miles de visitantes se acheguen ata BioCultura para coñecer as novidades do turismo do futuro, unhas bases que tamén comparte o Goberno de Inés Rey, que xa destacara en FITUR a importancia de traballar de maneira sostible para acadar obxectivos realistas que beneficien a cidade e potencien todo o seu valor paisaxístico, gastronómico, cultural ou patrimonial e minimizando o impacto en todos os ámbitos de actuación.
Durante este primeiro día de feira o público puido coñecer máis sobre o ecoturismo a través dunha xornada técnica na que varias persoas expertas presentaron diferentes visións sobre as actividades turísticas que se realizan en destinos cun rico ecosistema natural. Así, o principal tema da xornada centrouse nas alternativas lúdicas e de lecer que se poden desenvolver dunha maneira responsable e sostible para diminuír os impactos ambientais á vez que se fortalecen outros valores como os culturais, os gastronómicos ou os etnográficos.
BioCultura acollerá ata este domingo máis de 120 actividades como showcookings e catas de produtos como cafés, sidras ou algas, ademais de clases de cociña con receitas de aproveitamento. Tamén haberá oportunidade de participar en xornadas dedicadas á saúde como é o caso do OrganicFit Day, onde se abordará como mellorar o noso benestar de maneira transversal, ou de talleres sobre ecoestética. Tampouco faltarán os coloquios sobre bioconstrución.
15 de xullo de 2025
14 de xullo de 2025
13 de xullo de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible