Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

18 de xullo de 2025

A rúa Ambrosio Feijoo reabrirá ao tráfico este luns, co que se lle dá continuidade á folla de ruta prevista no contexto da remodelación dos Cantóns

A alcaldesa, Inés Rey, valorou positivamente o bo ritmo que seguen os traballos e que se cumpre o calendario previsto

A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe de que o Concello reabrirá ao tráfico a rúa Ambrosio Feijoo o vindeiro luns, onde xa remataron os traballos de demolición do antigo pavimento, que será substituído por un novo firme de formigón.

Desta forma, e unha vez que se complete esta actuación, o luns poderán circular os vehículos a través de Ambrosio Feijoo para acceder ao Palexco e tamén ao seu aparcadoiro. "Estes traballos forman parte da nosa folla de ruta para remodelar os Cantóns, que segue a bo ritmo e cumprindo o calendario previsto", precisou a rexedora.

En paralelo, o Concello tamén iniciou as tarefas previas ao futuro transplante do metrosidero do Cantón Grande, situado a carón da rampla de saída do aparcadoiro. É nesta zona onde, no contexto dos traballos, se prevé habilitar o novo ascensor co que se mellorará a accesibilidade ao aparcadorio, "ascensor que ata agora non existía e que entendemos fundamental para garantir o acceso de persoas con mobilidade reducida ou os carriños das crianzas", razoou a alcaldesa.

Por iso, a previsión do Concello é trasladar este exemplar de metrosidero a unha localización o máis próxima posible á actual, na que conte cun substrato no que se poida desenvolver sen compromisos no subsolo. O obxectivo é salientar o valor da árbore dándolle unha situación rodeable, no que a copa do metrosidero recupere tamén a súa simetría.

A parada de autobús de Entrexardíns estará, no futuro, na rúa Alcalde Manuel Casás

Tamén esta mañá, Inés Rey recalcou que a parada de autobuses situada actualmente en Entrexardíns, que dá servizo ás liñas de transporte interurbano, levarase posteriormente á rúa Alcalde Manuel Casás, entre o Teatro Colón e Correos.

Neste sentido, o Concello está a completar detalles na beirarrúa recentemente reurbanizada entre o Colón e Entrexardíns, onde previamente se renovaron as novas redes de saneamento, iluminación e o cableado do sistema semafórico.

Dado que Entrexardíns se peonalizará para unificar as dúas partes dos xardíns de Méndez Núñez e, de paso, convertelo na porta de acceso aos peiraos, a parada de autobús trasladarase no futuro a Alcalde Manuel Casás.

"De todo isto informaremos chegado o momento, coa antelación necesaria, como vimos facendo con todas as actuacións que supoñen cambios substanciais en termos de transporte e mobilidade", subliñou Rey.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible