Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

18 de xullo de 2025

Aida Tarrío e Raül Refree presentarán o seu proxecto ‘Gala i Ovidio’ na Romaría de Santa Margarida

A Coruña acollerá a estrea estatal deste proxecto o xoves 28 de agosto

Gala i Ovidio, o novo proxecto musical que une a Raül Refree, prestixioso músico e produtor e a Aida Tarrío, compoñente do recoñecido grupo Tanxugueiras, realizará o seu primeiro concerto o xoves 28 de agosto abrindo a programación da Romaría de Santa Margarida, dentro das Festas de María Pita. "Desde o Goberno de Inés Rey apostamos por traer á cidade grandes figuras de todos os estilos musicais durante as festas de agosto, aumentando a calidade de eventos tan recoñecidos como a Romaría de Santa Margarida", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

O proxecto rende homenaxe no seu nome aos fillos da escritora galega Rosalía de Castro. En 1871 a escritora galega Rosalía de Castro deu a luz en Lestrove aos xemelgos Gala i Ovidio. Aida e Raül atopáronse en 2021 no Pazo de Mariñán e pronto souberon que debían hermanarse nun proxecto musical.  Catro anos tardaron en darlle forma, entre procuras e gravacións, a Gala i Ovidio, un proxecto que se levou en segredo ata o día de hoxe. Os dous recoñecidos artistas coñecéronse para interpretar cancións tradicionais de Galicia e inspirados por elas foron atopando novos territorios onde a tradición intúese e os xéneros dilúense. A Raül gústalle dicir que Aida ten ás mulleres galegas dos últimos decenios na súa voz e que este arraigamento permítelles experimentar sen perder a identidade.

A Romaría de Santa Margarida supón o peche ás Festas de María Pita organizadas polo Concello da Coruña. Entre o xoves 28 e domingo 31 de agosto, o parque de Santa Margarida énchese de música e baile, no gran encontro do tradicional na programación da cidade herculina. Nos vindeiros días desvelarase toda a programación, que abrirá este concerto para o que xa están á venda as entradas na billeteira da Praza de Ourense e Ataquilla.com.

Aida Tarrío 

Aida, integrante do grupo Tanxugueiras, é unha artista multidisciplinar que combina o seu talento vocal xunto á súa destreza no baile. Compaxina a súa presenza no grupo máis importante da música galega actual con proxectos persoais que exploran diferentes expresións artísticas. Aida transita con naturalidade entre a música e a danza, sendo intérprete en destacadas creacións escénicas da prestixiosa Compañía Fran Sieira ou xunto ao recoñecido coreógrafo Dani Rodríguez. A súa formación e traxectoria están vinculadas á música tradicional galega, da que é docente e expoñente, levando a súa cultura e tradición ata novos límites.

Raül Refree 

Raül Refree é un dos produtores europeos máis aclamados da última década. A súa amplitude estilística e versatilidade leváronlle a ter un perfil que vai desde músico experimental a produtor de estrelas do pop ou compositor de bandas sonoras premiadas, como "La Mesías" ou "Un año, una noche"

Interesado desde os seus inicios na renovación da música tradicional, Raül Refree converteuse nos últimos anos no nome de referencia do novo flamenco en España traballando xunto a nomes como Rosalía, Rocío Márquez ou Niño de Elche. O seu álbum con Rosalía, Los Ángeles, foi Disco de Ouro en varias ocasións. Estrelas como Ricky Martin reivindican o seu talento mentres el segue apostando por novos talentos por descubrir, como Rodrigo Cuevas, Guitarricadelafuente ou Maestro Espada.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible