Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de febreiro de 2018

As 145 persoas beneficiarias das viaxes gratuítas do programa Vacacións e Turismo Social para maiores viaxarán a Peñíscola, Benidorm e Vinarós entre febreiro e marzo

O programa, que oferta a Concellería de Xustiza Social, vai dirixido a persoas pensionistas que non superen os 11.928 euros de renta anual

As 145 persoas beneficiarias do programa Vacacións e Turismo Social para maiores 2017/2018 viaxarán neste mes de febreiro ou a comezos de marzo a Peñíscola, Benidorm ou Vinarós, nunha das cinco quendas previstas. A Concellería de Xustiza Social e Coidados oferta dende hai dous anos prazas para participar de maneira gratuíta nas viaxes do Imserso como maneira de "mellorar as condicións de vida das persoas maiores da nosa cidade", apunta a titular do departamento, Silvia Cameán. "Traballamos para que teñan os coidados necesarios para poder gozar dunha vida o máis autónoma e o máis plena posible", conclúe. O programa vai dirixido a personas pensionistas que residan no municipio, que teñan unha capacidade económica persoal inferior a 11.928,22 euros  ao ano e teñan autonomía suficiente para levar a cabo as actividades da vida diaria e non padezan enfermidades que poidan alterar a convivencia durante a viaxe.

O primeiro dos grupos, de 40 persoas, viaxará a Peñíscola, na provincia de Castellón, o día 17 de febreiro e desfrutará dunhas vacacións de sete días. As dúas seguintes quendas, de 30 e 23 persoas, partirán o 20 e o 27 de febreiro cara a Benidorm, en Alicante. O cuarto grupo, de 26 persoas, viaxará a Vinarós (Castellón) o 3 de marzo, mentres que o derradeiro, composto por 26 maiores, terá vacacións en Benidorm a partir do día 6 de marzo. Cada quenda e o destino foron asignados dende o Concello e non se poden modificar salvo causa debidamente xustificada e valorada polo persoal técnico da Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade (OMAD). Ditas modificacións sempre estarán suxeitas a dispoñibilidade de praza noutras quendas.

As e os beneficiarios deste programa poden participar co seu ou a súa cónxuxe ou parella de feito, así como fillos ou fillas afectadas dalgunha diversidade (de grao mínimo dun 45%), que deberán estar acompañados dos seus proxenitores e compartir habitación.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión