Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

16 de xullo de 2025

O barrio de Xuxán contará con outras 130 novas vivendas de aluguer

O Concello dá luz verde á cesión de dúas parcelas municipais, onde se prevé a construción de vivendas que se destinarán a incrementar o parque residencial de alugueiro na cidade

Esta mañá, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á adxudicación da cesión de dúas parcelas municipais no barrio de Xuxán, nas que se prevé a creación de máis de 130 novas vivendas que se destinarán a incrementar o parque residencial de aluguer na cidade.

Os soares en cuestión son a parcela Z-22, adxudicada á mercantil Xestión de Autopromoción (104 vivendas), e a Z-26 A, que asumirá a cooperativa Outra Forma de Vivenda e onde se construirán entre 33 e 38 vivendas colaborativas en réxime de cesión de uso, un modelo alternativo á propiedade ou alugueiro tradicional. Nos dous casos os inquilinos aboarán un aluguer que terá como referencia máxima os índices marcados polo ministerio, sempre por debaixo do prezo de mercado.

A alcaldesa, Inés Rey, lembrou que "a propiedade do solo segue a ser nosa, aumentamos a oferta de vivenda de alugueiro na cidade a prezos razoables e, a todos os efectos, será vivenda municipal porque se revertirá ao Concello".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible