19 de xullo de 2025
O Concello promove esta iniciativa, na que tamén participan pequenos productores locais que habilitarán os seus postos de venda
O Campo da Leña acolle este domingo 20 unha nova edición do mercado ecolóxico municipal, unha iniciativa en materia de dinamización económica coa que o Concello contribúe a visibilizar o traballo das e dos pequenos productores locais, complementando a programación con actividades para todos os públicos, ao aire libre.
A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, puxo en valor esta proposta, que ano tras ano se desenvolve na meirande parte dos distritos da cidade coa participación de firmas e selos nacidos tanto na Coruña como nos concellos da área metropolitana, que aproveitan o mercado para habilitar os seus postos de venda con productos frescos e de cercanía, así como outros útiles de consumo.
"Os mercados ecolóxicos están concibidos para a asistencia e participación de persoas de todas as idades, tamén con actividades para as crianzas", apuntou Cabanas. A este respecto, de 10.00 a 15.00 horas habilitarase un espazo de dinamización infantil, que irá acompañado, xa de 11.30 a 12.30 horas, dun obradoiro creativo onde as nenas e nenos poderán aprender a fabricar lentes de sol mediante materiais reciclados. A participación no obradoiro é de balde, mais cun máximo de 15 prazas, con inscrición previa no mercado.
Xa despois, a partir das 13.00 horas, arrincará un coloquio aberto ao público, no que Álex Voces, do colectivo Mobi-liza, compartirá coas persoas asistentes as moitas posibilidades que ofrece Galicia para levar a cabo viaxes de cicloturismo, unha modalidade de turismo sostible e emisións cero que, ano tras ano, gaña adeptos en moitos puntos do país.
3 de xullo de 2025
7 de maio de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible