17 de xullo de 2025
Saen a concurso os traballos de mellora, que forman parte da segunda fase de actuacións prevista na instalación deportiva
A Xunta de Goberno Local aprobou onte a saída a concurso da segunda fase de melloras prevista no campo de fútbol Víctor Fernández Alonso, a Leyma.
A alcaldesa, Inés Rey, lembrou que a finais de abril rematou a primeira fase de actuacións, que supuxo a renovación do céspede artificial, a creación dunha nova zona de adestramento e quecemento en céspede artificial tras a grada, a remodelación da rede de rego e melloras de accesibilidade a grada e vestiarios.
Agora, procederase á reforma das instalacións de fontanería, con especial énfase nos sistemas de auga quente, que serán mellorados con respecto aos actuais. Isto suporá un investimento de 269.000 euros, que se suma aos 430.000 xa investidos na primeira fase. Unha vez se adxudiquen as melloras, haberá oito semanas para a súa execución.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible