16 de xullo de 2025
Está previsto cambiar as tapas e rotular máis de 5.000 contedores que se destinarán á denominada fracción resto
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe un investimento de máis de 424.000 euros que o Concello destinará á instalación do quinto contedor, ao abeiro da adhesión da Coruña ao Convenio Marco de Colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia e Ecoembes, que fará posible a implantación na cidade do quinto contedor, de cor gris, para a recollida separada de residuos de fracción resto antes de final de ano.
Neste sentido, este mércores deuse luz verde á modificación do contrato de contenerización e recollida de residuos urbanos coa UTE Atlántica, aboando os fondos necesarios para cambiar as tapas e rotular 5.028 contedores existentes que se destinarán á denominada fracción resto, tal e como informou a alcaldesa, Inés Rey. A compañía asumirá tamén o seu mantemento.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible