Concello da Coruña

Concello da Coruña

Benvido á Coruña: cidade acolledora, inclusiva e accesible.

A Coruña, cidade acolledora, hospitalaria, aberta ao mar inmediato e ao espírito viaxeiro e emprendedor, é tamén cada vez, unha cidade máis accesible.

Somos atlánticos, gústanos compartir, recibir,coñecer e mostrar os nosos tesouros culturais, patrimoniais, paisaxísticos e gastronómicos.

E gústanos a diversidade, a pluralidade e a igualdade de oportunidades para gozar da vida, das viaxes e da xente á que coñecemos no camiño. A Coruña ten moito que ensinar ao viaxeiro e moito que descubrir mesmo para os que aquí vivimos.

O noso obxectivo e desexo é que o acceso a esa oferta sexa universal. A través desta guía dámosche a coñecer os nosos recursos turísticos e as facilidades que se ofrecen para o acceso de persoas con diversidade funcional.

Unha información sinxela e moi completa, elaborada co máximo rigor e dirixida a todos e a todas: tanto se vés visitarnos coma se es residente na Coruña e necesitas información sobre ideas accesibles para coñecer mellor a túa cidade ou gozar da súa oferta de entretemento.

Desde aloxamentos, transporte ou aparcadoiros ata museos, edificios históricos, xardíns, prazas, parques ou praias e rutas urbanas, e incluíndo fichas nas que se valoran elementos como a presenza de barreiras arquitectónicas e o nivel de accesibilidade de cada recurso.

Para iso contamos con Grumico , Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña, cuxo excepcional traballo de análise permitiunos abordar a accesibilidade dun modo realista e útil, co obxectivo de que goces ao máximo da túa estancia connosco.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión