Concello da Coruña

Concello da Coruña

Con amizades

Gana de organizar por fin esa viaxe coas amizades que tanto tempo levades planeando? Sempre hai unha boa escusa para escapar á Coruña. Concertos, festivais, arte, exposicións, moda, praias, actividades deportivas e boa gastronomía.

Non hai nada como viaxar coas amizades, pola complicidade, as risas e os bos momentos. E na Coruña propoñémosvos varios plans para que a experiencia sexa inesquecible.

Que facer na Coruña coas amizades?

Un día de praia practicando surf/paddle

A praia do Orzán é a máis longa da Coruña e a súa ondada faina perfecta para iniciarse no surf. Quen o proba engánchase! Na cidade e arredores tes varias escolas de surf para probar e alugar o material necesario para gozar dun bo día coas amizades. E no caso de que o mar estea tranquilo, podes atreverte co paddle surf!

Praias

Andar de terrazas na Mariña

Sabías que na Coruña ás cervexas tamén as chamamos "garimbas"? É importante sabelo para cando vos vaiades de terraceo. Se o sol loce, por que non probar a tomar unhas nunha terraza da Mariña observando os barcos do porto e a xente? Pasarásevos a tarde voando e sempre podedes petiscar algo para non deixar o estómago baleiro.

Galerías da Mariña

MEGA

Se vos gusta a cervexa, estades na cidade idónea. Na Coruña atópase o primeiro e único museo de España dedicado á cultura de cervexa, o Museo Estrela Galicia MEGA. Un espazo diferente para sentir, gozar e aprender. ¡Non volo podedes perder!

Shopping

Ir de compras pola Coruña é toda unha experiencia que non podedes deixar pasar. Aquí atoparedes desde as tendas máis diversas das diferentes marcas de roupa, ata os talleres dos deseñadores máis creativos e zonas comerciais máis alternativas.

Ademais, podedes achegarvos a algún dos centros comerciais para ter todo da vosa man: Marineda City, Catro Camiños...A Coruña ten estilo propio.

Moda, deseño e máis

As rúas dos viños

Popularmente coñecidas como as rúas dos viños, nesta zona céntrica da Coruña concéntranse un bo número de tabernas, tascas, bares, restaurantes e cafeterías. Desde a rúa Troncoso, ata a Estrela, pasando principalmente por rúas como a Franxa, Barreira, Galera e Olmos, poderedes acompañar o voso viño ou cervexa ben fría co mellor da gastronomía galega.

E non perdades a sesión vermú o domingo! Aquí gústanos acabar así a semana, charlando coas amizades ou escoitando música en directo.

A tradición do tapeo (e a sesión vermú)

Night Life

Despois das primeiras cañas, ou desas tapas que terminan en ceas, deixadevos levar pola animada vida nocturna coruñesa de bares, coctelarías, pubs e discotecas.

Existen locais pata todos os gustos e ambientes que aseguran longas noites de diversión, música e baile.

Night life

Un concerto ou un espectáculo

Un concerto na Sala Pelícano ou no Coliseum, unha obra de teatro no Teatro Colón, un partido do Dépor en Riazor, os incribles directos en pequenas salas de concertos, ou as Festas de María Pita cando chega o verán con eventos únicos como o Festival Noroeste Pop Rock Estrela Galicia ou o Festival do cómic Viñetas desde O Atlántico.

A Coruña é un destino para pasalo ben. A festa está asegurada!

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión