Concello da Coruña

Concello da Coruña

Os teus 50 imprescindibles na Coruña

A Coruña aérea noite

Visitas a cidade por primeira vez? Sempre fas os mesmos plans aínda que residas na cidade? Pois aquí che deixamos unha lista de 50 imprescindibles para que goces da Coruña de moitas formas diferentes.

  1. Descubrir o Parque Escultórico da Torre de Hércules (esta non pode visitarse ata xuño por obras).

  2. Comer un xeado artesanal dando un paseo pola Marina

  3. Facer as túas compras na rúa Real

  4. Tomarse un chocolate con churros no Timón ou Bonilla á Vista

  5. Pasear pola Marina ou os Cantóns

  6. Ver o atardecer desde a Xanela ao Atlántico

  7. Sacarse unha foto co polbo do paseo marítimo

  8. Gozar dunha paisaxe máxica desde a Rosa dos Ventos

  9. Facer surf na praia de Matadoiro

  10. Subir ao mellor miradoiro da cidade: o Monte de San Pedro

  11. Ler un libro na praza de Azcárraga

  12. Adentrarse no xardín de San Carlos

  13. Visitar a praza do Humor

  14. Deambular polas rúas do centro histórico durante unha mañá

  15. Vivir o San Xoán (noite do 23 de xuño)

  16. Bañarse na praia das Lapas

  17. Perderse no labirinto de Xerión

  18. Comprar un libro durante a Feira do Libro Antigo

  19. Ver a Batalla Naval en agosto

  20. Correr polo Parque Escultórico da Torre de Hércules

  21. Ir a un concerto das Noites de María Pita

  22. Gozar dun bo café de especialidade

  23. Darse un mergullo en Santo Amaro durante o inverno

  24. Pasear pola Feira das Marabillas

  25. Beber unha Estrella Galicia

  26. Almorzar con vistas ao mar

  27. Ir de compras pola praza de Lugo e visitar o seu mercado

  28. Descubrir os edificios modernistas da cidade

  29. Cear cunha posta de sol en Orzán

  30. Ver unha exposición no Quiosco Alfonso

  31. Probar a tortilla ao estilo Betanzos

  32. Ir de tapeo e viños polas rúas Galera, Estrella, Olmos ou Barrera

  33. Ver as estrelas na Casa das Ciencias

  34. Entrar na casa de Picasso

  35. Quedar con alguén no Obelisco como punto de encontro

  36. Visitar a igrexa de San Nicolás

  37. Ir á DOMUS

  38. Saudar ás focas e a Gastón no acuario

  39. Ir ao teatro Colón ou ao Rosalía de Castro

  40. Fotografarse coa Caracola

  41. Visitar o Castelo de Santo Antón

  42. Sacarse unha foto en María Pita

  43. Percorrer o paseo marítimo en bicicleta

  44. Ir a un concerto no Coliseum

  45. Ver á Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera

  46. Visitar o Castro de Elviña

  47. Queimar a noite coruñesa na discoteca máis grande de Galicia

  48. Ver un partido do Deportivo no Estadio de Riazor

  49. Gozar do mundo da animación con Viñetas desde o Atlántico

  50. Ir ao Museo Estrella Galicia

Axenda de concertos

Concerto de Chayanne no Coliseum

Non perdas a programación musical da cidade.

A Coruña é, desde fai un par de anos, o faro cultural de Galicia. Así o acreditan as numerosas programacións deseñadas para que o público goce de exposicións, museos, obras de teatro e, por suposto, moita música.

E é que a cidade é o lugar elixido por grandes artistas nacionais e internacionais para ofrecer os seus concertos, tanto ao aire libre como no Coliseum ou nas pequenas salas de concertos.

Se queres visitar a cidade e aproveitar algunha actuación musical, descúbrea na nosa programación.

Concerto de Siloé na Coruña

Guía de ocio

Imaxe do parque escultórico da Torre de Hércules

Quen espera, primavera

A Coruña é unha cidade que sempre espera ao turista. No Nadal agárdao co seu manto de luces e as súas rúas cheas de alegría e de cheiro a castaña asada; aínda que é na primavera cando se engalana dunha forma natural espremendo a súa beleza ao máximo. E é que a cidade brilla con novas cores e máis horas de luz, pero tamén cunha programación cultural de primeiro nivel deseñada para todos os públicos e gustos.

Chegan os grandes concertos no Coliseum como o de Hijos de la Ruina, Viva Suecia ou a xira de Operación Triunfo; e tamén o fai a sexta edición do Encontro Mundial de Humorismo, que volve situar A Coruña como capital do humor. Ademais, quedan abertas ao público exposicións sobre a beleza do art nouveau ou sobre a arte contemporánea da man do danés Peter Kramer.

Consulta a nosa guía de lecer para non perder nada!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión