981 136 001
Horario do despacho de billetes do Coliseum: día do espectaculo desde as 17.00 (só se hai localidades dispoñibles)
Horario de despacho de billetes "O Túnel": 2 horas antes de cada espectáculo (só se hai localidades dispoñibles)
O Coliseum da Coruña é un recinto multiusos vangardista e funcional, destinado a todo tipo de espectáculos, desde concertos, eventos deportivos, de lecer ou mesmo feiras sectoriais.
Inaugurouse en 1991 cun concerto do músico Sting e dispón dunha capacidade variable segundo o espectáculo, pero que pode chegar ás 11.000 persoas, sendo o recinto cuberto de maior capacidade de Galicia.
Neste espazo celebrouse a Copa do Rei de Baloncesto ou xogaron os Harlem Globetrotters; e pasaron artistas internacionais de renome como Ringo Starr, os Pixies, Sting, B.B.King, Iron Maiden, Lenny Kravitz ou Celia Cruz, e nacionais como Sabina e Serrat, Alejandro Sanz, Dani Martín, Malú ou Ana Belén, que deleitaron os asistentes a golpe de éxitos.
Actividades relacionadas
Multimedia