Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cidade Deportiva A Torre

Enderezo:

Rúa Doctor Vázquez Iglesias 2. 15002 A Coruña

Teléfono:

981 189 804

Fax:

981 189 819

Páxina web:

http://www.coruna.gal/deportes

Horario:

Instalacións (excepto días especiais Nadal):

Luns a domingo de 08:00 h. a 00:00 h.

Días especiais de Nadal:

25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro: pechado

24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro: 08:00 h. a 15:00 h.

TITULARIDADE: Servizo Municipal de Deportes

INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DA CIDADE DEPORTIVA DE LA TORRE

CAMPOS DE CÉSPEDE ARTIFICIAL

Campo nº 1: Campo de céspede artificial de 105 m. x 65 m. para a práctica de hockey herba, fútbol e fútbol 7. Dispón de luz artificial

Campo nº 2: Campo de céspede artificial de 105 m. x 68 m. para a práctica de fútbol e fútbol 7. Capacidade para 963 persoas:

  • Bancada principal: 528 asentos
  • Bancada frontón: 195 asentos
  • Bancada cuberta: 240 asentos

Campo nº 3: Campo de céspede artificial de 95 m. x 53 m. para a práctica do fútbol e fútbol 7. Dispón de luz artificial

Campo nº 4: Campo de céspede artificial de 85 m. x 43 m. para a práctica de fútbol e fútbol 7. Dispón de luz artificial

Campo nº 5: Campo de céspede artificial de 60 m. x 31 m. para a práctica de fútbol 7

  • Bancada: 336 asentos

FRONTÓN

  • Frontón curto de 36 m. x 14,50 m. para a práctica de bádminton, baile, béisbol, frontenis, ximnasia, pa curta e longa e tenis
  • Bancada con capacidade para 309 persoas
  • Oficinas e vestiarios

OUTRAS PISTAS DEPORTIVAS

  • 2 pistas de chave de 14 m. x 2 m.
  • Pista de baloncesto de 26 m. x 18 m.
  • 2 pistas de pádel

OUTRAS INSTALACIÓNS

Edificio de Vestiarios:

  • 6 Vestiarios para árbitros
  • 16 Vestiarios para equipos

TARIFAS

Ordenanza fiscal nº 15, reguladora da taxa pola prestación dos servizos nas instalacións Deportivas Municipais.

    C POLIDEPORTIVOS E FRONTÓN MUNICIPAL

    5. Actividades físicas

    • 5.1 Uso libre, 1 hora 17,24€

    Cando o número de participantes exceda de 25 persoas, a cota incrementarase por cada 10 persoas de exceso ou fracción en 50%

    • 5.2 Frontón curto (máximo 4 persoas) 10,80€
    • 5.3 Outros actos en polideportivos e frontón
      • 5.3.1 Actividades físicas con asistencia de público:
        • 5.3.1.1 Actividades físicas, dúas horas, sen despacho de billetes 525,64€
        • 5.3.1.2 Actividades físicas, dúas horas, con despacho de billetes 525,64€. Á anterior tarifa aplicaráselle un 11% sobre a recadación obtida. Cando a competición exceda de dúas horas, aplicaráselle a taxa proporcional polo tempo de exceso.
      • 5.3.2 Festivais, concertos, mitins ou calquera acto de juntanza alleo á actividade física ou deportiva:
        • 5.3.2.1 Festivais e actos non deportivos, por acto, sen despacho de billetes 1.309,80€
        • 5.3.2.2 Festivais e actos non deportivos, por acto, con despacho de billetes 1852,68€
        • 5.32.3 Naqueles casos que os solicitantes das instalacións para a celebración de festivais e actos non deportivos a realizar teñan carácter non lucrativo ou sexan realizadas por entidades veciñais radicadas na contorna das instalacións deportivas e non coincidan coa celebración de actividades propias ás que está dedicada o uso do pavillón e non se produza despacho de billetes, a tarifa será de cero euros.

    No caso de que haxa despacho de billetes, aplicarase un coeficiente de 0,5 á taxa do epígrafe 5.3.2.2

      Todos os conceptos anteriores deste punto C serán obxecto dun pago proporcional en función da ocupación alugada: a condición de que sexa viable tecnicamente a división en módulos da devandita instalación e o uso proxectado sexa compatible con outros usos simultáneos.

      PISTAS DE TENIS E DE PÁDEL

      7. Pista de Tenis e de Pádel

      • Uso libre para actividades físicas. Partido individual ou dobres/unha hora 3,18€

      PISTAS DE CHAVE

      8. Pistas de chave

      • Aluguer 1 hora para actividade física 3,18€

      D CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

      9. Campos de herba natural e artificial

      • 9.1 Actividades físicas:
        • 9.1.1 Uso libre, campo completo, unha hora 17,24€
        • 9.1.2 Uso libre, medio campo, unha hora 8,61€
        • 9.1.3 Cando o número de participantes exceda das 25 persoas, a cota incrementarase, por cada 10 persoas de exceso ou fracción nun 50%.
      • 9.2 Outros actos
        • 9.2.1 Actividades físicas con público (dúas horas), sen despacho de billetes 525,64€
        • 9.2.2 Actividades físicas con público (dúas horas), con despacho de billetes 525,64€. A anterior tarifa incrementarase nun 11% da recadación obtida a partir desa cantidade. Cando a competición exceda de dúas horas, aplicarase a taxa proporcional polo tempo excedido.
          • Nos dous supostos anteriores, cando o uso exceda dúas horas, aplicarase a taxa proporcional polo tempo excedido.
        • 9.2.3 Festivais, concertos, mitins ou calquera outro acto de juntanza alleo á actividade física ou deportiva (por acto), sen despacho de billletes 1.232,25€
        • 9.2.4 Festivais, concertos, mitins ou calquera outro acto de juntanza alleo á actividade física ou deportiva (por acto), con despacho de billletes 1.309,80€

      11. Campo nº4 e nº5 da Cidade Deportiva da Torre

      • 11.1 Actividades físicas:
        • 11.1.1 Uso libre, campo completo, unha hora 8,61€
      • 11.2 Outros actos
        • 11.2.1 Actividades físicas con público (dúas horas), sen despacho de billetes 262,83€
        • 11.2.2 Actividades físicas con público (dúas horas), con despacho de billetes 262,83€. A anterior tarifa incrementarase nun 11% da recadación obtida a partir desa cantidade.
          • Nos dous supostos anteriores, cando o uso exceda dúas horas, aplicarase a taxa proporcional polo tempo excedido.
        • 11.2.3 Festivais, concertos, mitins ou calquera outro acto de juntanza alleo á actividade física ou deportiva (por acto), sen despacho de billletes 616,13€
        • 11.2.4 Festivais, concertos, mitins ou calquera outro acto de juntanza alleo á actividade física ou deportiva (por acto), con despacho de billletes 654,90€

      Todos os conceptos anteriores deste punto D serán obxecto dun pago proporcional en función da ocupación alugada: a condición de que sexa viable tecnicamente a división en módulos da devandita instalación e o uso proxectado sexa compatible con outros usos simultáneos.

      Que che parece esta sección?

      -101-101-101

      Síguenos en

      Iniciar sesión