Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aquarium Finisterrae

Nunha cidade que mira ao Atlántico non podía faltar un centro onde estudar o coñecemento e divulgar o agarimo cara aos nosos océanos.

O Aquarium Finisterrae é un lugar único no que descubrir as curiosidades e segredos das profundidades do mar. Máis de trescentas especies mariñas e catro salas de exposicións, entre elas a Nautilus, mergullada nunha piscina de máis de cinco millóns de litros de auga nas que nadan corvinas, douradas e ata quenllas. Sentiraste como o mesmísimo capitán Nemo a bordo do seu submarino.

Amplas terrazas exteriores e o Piscinarium coas súas focas completan a visita. O mellor lugar onde coñecer o ecosistema mariño da costa galega.

Ademais das súas piscinas e acuarios, o museo dispón de módulos que lle propoñen ao público experiencias interactivas.

Atoparás máis información sobre horarios e prezos na web do Aquarium Finisterrae .

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión