Partindo do clásico "Auto da Barca do Inferno" do portugués Gil Vicente, facemos unha inmersión ás profundidades para comprobar a situación actual do entorno mariño.
Xuvenil, Para público en xeral
19/05/2023
Xa rematou
21:00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 9,00 €; descontos (carné xove, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 €
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forummetropolitano@coruna.gal
Unha ollada crítica á gravidade dos nosos actos dende os ollos dos habitantes do ecosistema acuático.
Títeres, máscaras, música en directo, sátira e traxedia son os ingredientes que nos acompañan neste viaxe no que veremos como o exceso de vertidos residuais, a pesca masiva, en resumo a emerxencia climática, nos evocan a todos ao día da nosa extinción.
As riquezas morren,
os deuses morren,
un tamén morrerá
Pero hai algo que perdura:
os actos feitos en vida
Comeza a conta atrás...
Espectáculo coproducido polo Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela
Intérpretes: Carlos Gallardo, Mathias Rodriguez, Rafael Rey Domech, Tomé Mouriño Covelo, Lydia Guez, Pilar Pingarrón
Dirección: Rafael Rey Domech
Duración: 1 h
Público: +10 anos
Técnica: Monicreques, Teatro físico
VENDA DE BILLETES
Entidades