Finalista aos XXV Premios MAX 2022 na categoría de Mellor Actor e número 2 do Ránking da Crítica de Madrid de setembro de 2021
Xuvenil, Para público en xeral
02/06/2023
Xa rematou
21.00 h
85 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 9,00 €; descontos (carné Xove, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Fórum deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos pode ter capacidade reducida.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo forum@coruna.es
IMCE
forum@coruna.gal
Unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano e do noso mundo contemporáneo. No 75.º aniversario da publicación do libro homónimo de Primo Levi é aínda máis necesario para afrontar o crecemento do fascismo.
En 1944, deportaron a Primo Levi a Auschwitz. Tiña 24 anos.
Durante a súa estadía no campo, empezou a escribir Si esto es un hombre, o relato dos dez meses que estivo prisioneiro.
En 2020 (75 anos despois da liberación de Auschwitz), un actor entra nun escenario e enfróntase ao reto de revivir a experiencia de Levi, para intentar así comprender (se é que é posible) que foi Auschwitz e que supón para nós, espectadores/as do século XXI, que existise ese lugar en plena Europa de mediados do século pasado.
Intérprete: Carlos Álvarez-Ossorio
Autoría: Primo Levi
Dirección e adaptación: Carlos Álvarez-Ossorio
Dramaturxia e asesoría de actuación: Juan José Villanueva
Asesoría de alemán e de corpo: Alfonso Hierro-Delgado
Escenografía e vestiario: Cámara Negra
Música: Cámara Negra
Iluminación: Violeta Martínez Rivera
Idioma: castelán
VENDA DE BILLETES