A Coruña City Council

A Coruña City Council
Iniciar sesión

Contacontos: Son Mariña! A historia dunha nena celíaca

As Bibliotecas Municipais da Coruña en colaboración con ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia, organiza un ciclo de contacontos para nenos e nenas.

¿A quién va dirigido?:

De 3 a 7 anos

A quién va dirigido:

Infantil, Familias

Dates:

28/09/2023

It has already ended

Registration date:

From o 21/09/2023 to o 28/09/2023

Require inscrición

Horario:

Das 18.00 ás 19.00 horas

Address:

Biblioteca Municipal Castrillón. Plaza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña

Número de plazas:

30

Contacto:

bcastrillon@coruna.gal

Teléf.: 981 184 390

Teléf.: 689 366 010

O vindeiro xoves 28 de setembro ás 18.00 horas temos un contacontos organizado en colaboración con ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia, dirixido a nenos e nenas de 3 a 7 anos, na Biblioteca Municipal Castrillón.

"Son Mariña!" é a historia dunha nena que diagnostican de celiaquía. A través da pequena Mariña, a cativada pode comprender tanto os sentimentos da nena como as cousas que debemos ter en conta cando temos unha persoa coñecida con celiaquía. Este conto fomenta a inclusión na sociedade das persoas con necesidades diferentes.

A historia cóntase a través de dous narradores, Pandoso, un osiño moi despistado, e o Doutor Neutronio, un científico. A través de xogos, cancións e bailes conseguen que os nenos e nenas se divirtan e á vez aprendan acerca da enfermidade celíaca, a dieta sen glute, e a importancia dunha alimentación saudable, ademais de adquirir valores como a inclusión, o respecto e a igualdade.

ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia, é unha entidade sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo fundamental é axudar a todas as persoas afectadas pola enfermidade celíaca e dermatite herpetiforme.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Follow us on