A Coruña City Council

A Coruña City Council
Iniciar sesión
Reboiras

50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras 1975-2025.

Presentación do libro e proxección.

A quién va dirigido:

Para público en general

Dates:

05/06/2025

It has already ended

Horario:

19:30 h 

Address:

Centro Sociocultural Ágora. Location Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

de balde. Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra".

Neste ano 2025 cúmprense 50 anos do asasinato pola policía franquista, na cidade de Ferrol, o 12 de agosto de 1975, do militante e dirixente nacionalista da Unión do Povo Galego, Xosé Ramón Reboiras Noia (Moncho Reboiras). Co gallo deste aniversario, preséntase este libro coral que forma parte dun conxunto de actividades impulsadas pola Fundación Moncho Reboiras, Fundación Galiza Sempre e a Fundación Terra e Tempo para homenaxear, dar a coñecer e popularizar na sociedade galega, nomeadamente entre as clases populares, a figura deste demócrata e nacionalista galego, vítima da represión da ditadura franquista, que deu a vida pola defensa da liberdade, da democracia, dos intereses da clase da clase traballadora galega e dos dereitos nacionais de Galiza. Unha vida, unha militancia, un asasinato que, 50 anos despois, fican baixo un manto de silencio tecido pola historia oficial.

Proxectarase un vídeo biográfico que se presenta neste volume sobre Xosé Ramón, Moncho, Reboiras Noia. Todos os textos que aparecen neste libro son obra de persoas que compartiron con el militancia e ideario nacionalista, no fin da ditadura franquista.

Todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Follow us on