Horario comercial
Coas seguintes indicacións a túa estancia na cidade será sinxela. Esquéceo todo e dedícate a gozar da Coruña.
O horario habitual dos comercios é de luns a sábado, de 10 a 20:30 horas. Hai certos domingos e festivos do ano que abren algúns comercios e centros comerciais de forma excepcional.
Os mercados municipais abren de luns a venres, excepto festivos, de 8.30 a 15 horas aproximadamente.
Igualmente, hai numerosas tendas de alimentación de barrio abertas de luns a domingo.
Curiosidades
Na Coruña existen dous idiomas oficiais: o galego, lingua propia da Comunidade de Galicia e o castelán.
O horario de comidas adoita realizarse como no resto de España: o almorzo, tómase entre as 7:30 e as 10 da mañá.
A comida ou xantar nos restaurantes sérvese entre as 13 e as 15:30 horas; e a cea, desde as 20 ata as 23:30 horas.
Horario de banca
A maioría dos bancos están abertos de luns a venres de 8:30 a 14-14:30 h. Igualmente pola cidade hai dispoñibles caixeiros automáticos 24 horas, a maioría dos cales (Servired, 4B, etc.) dan servizo internacional.
Cambio de divisas
A moeda oficial é o Euro.
O pagamento con tarxeta bancaria xa está moi estendido na maioría dos establecementos. Igualmente é recomendable levar algo de cartos en efectivo.
O cambio de moeda pódese realizar en:
Abanca:
El Corte Inglés (Servizo de Atención ao cliente):