A Coruña City Council

A Coruña City Council
As palabras perdidas, de Inventi Teatro

"As palabras perdidas", de Inventi Teatro (auditorio)

Espectáculo teatral

A quién va dirigido:

Familias, Infancia

Dates:

05/03/2024

It has already ended

Registration date:

From o 01/03/2024 to o 05/03/2024

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.30 horas 

Duración:

45 min aprox.

Address:

Centro Sociocultural Ágora. Location Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de plazas:

35 crianzas por sesión

Precio:

De balde e con inscrición previa

A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes, como "ganapán", "vagalume" ou "verme". As palabras fuxiron da historia, borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto. 

As palabras perdidas é unha proposta que anima a falar galego dun xeito divertido, dinámico e moderno e que pon en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia.

As familias asistentes aprenderán a nomear en galego conceptos sinxelos como os números, as cores e os hábitos cotiáns. Con todo, tamén coñecerán palabras que se atopan máis agochadas.

A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora e haberá dous pases:

Haberá que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions

Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Follow us on

Iniciar sesión