
O noso músico máis internacional celebra o seu 30 aniversario de "A IRMANDADE DAS ESTRELAS", o disco que revolucionou a música celta e que se converteu nun fito da cultura galega.
Para público en xeral
26/12/2025
19.30 e 22.00 h
22,00 / 26,00 / 31,00 / 34,00 € (segundo a zona)
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Acompáñanos a vivir esta experiencia única, na que gozaremos de tres décadas de aventuras, descubrindo conexións sorprendentes e creando, xuntos, unha nova irmandade arredor do mundo.
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades