Concello da Coruña

Concello da Coruña
Planetario

O ceo está máis preto do que pensas

Os últimos sábados de cada mes hai dúas sesións especiais no planetario da Casa das Ciencias

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 25/04/2026, 30/05/2026, 27/06/2026

Horario:

  • 11.30 h «O ceo para informados» e postal planetaria con Borja Tosar
  • 13.00 h « O ceo do mes»

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

A entrada é gratuíta, pero é necesario retirar unha invitación na recepción da Casa das Ciencias.

As invitacións repártense (máximo de dúas invitacións por persoa) media hora antes do inicio de cada sesión, ata completar a capacidade.

Todos os últimos sábados de cada mes o Planetario da Casa das Ciencias celebra dúas sesións especiais en directo.

  • 11.30 horas «O ceo para informados». Sesión en directo pensada para maiores de 14 anos, destinada a un público afeito a observar o ceo nocturno e con coñecementos previos. Esta sesión complétase cunha Postal planetaria a cargo de Borja Tosar, astrofísico colaborador dos Museos Científicos Coruñeses.
  • 13.00 horas «O ceo do mes». Sesión en directo dirixida a maiores de 10 anos, destinada a mostrar os detalles do ceo do mes entrante a público principiante.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión