CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS MUNICIPAIS PARA O PAGO DE COMEDORES ESCOLARES NO CURSO ESCOLAR 2024/2024
- - De conformidade coas competencias que atribúe aos concellos a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, así como a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, é obxecto desta convocatoria regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar ao alumnado empadroado no Concello da Coruña que acuda de maneira presencial a el.
- - Esta convocatoria comprenderá o período lectivo do curso escolar 2024/2025.
- - Para o goce das bolsas de comedor escolar será necesario en todo caso que a persoa beneficiaria teña asignada unha das prazas dispoñibles para a prestación deste servizo nun centro escolar do termo municipal.
- - Esta bolsa é incompatible con calquera outra axuda de institucións públicas ou privadas para a mesma finalidade salvo coa concedida polo Ministerio de Educación para os/as menores con necesidades educativas especiais.