#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecerlle un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
18/05/2026
Acceso libre ata completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 18 de maio ás 19 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, temos a presentación do libro "Caer para Ser" de Lydia Parga.
Acceso libre ata completar capacidade.
Sinopse:
Caer para ser é un libro que nace desde a experiencia real da caída e do proceso de reconstrución persoal. A obra aborda temas como o duelo, a identidade, a vulnerabilidade e a forza que aparece cando todo parece romper. Sen frases fáciles nin maquillaxe emocional, é un relato honesto que conecta coa parte máis humana de quen o le.
Lydia Parga:
Autora independente de Caer para ser. Cunha traxectoria profesional vinculada á venda e á comunicación, comezou a escribir este libro como un proceso persoal que acabou converténdose nun proxecto literario. Actualmente compaxina a escritura coa promoción da lectura e a creación de comunidade ao redor da palabra honesta.
Tamén che pode interesar