Preparándonos para poñer a bailar as buxainas!
De 10 a 12 anos
Infantil, Familias
05/04/2025
Xa rematou
Dende o 29/03/2025 ata o 05/04/2025
Require inscrición
De 11.30 a 13.00 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
12
981 184 388
O sádado 5 de abril, ás 11.30h, contamos co terceiro obradoiro sobre buxainas e perinolas na Biblioteca Durán Loriga para poñer a bailar todas as que se nos poñan nas mans!
Na sala de Exposicións Salvador de Madariaga (a que está no propio edificio da biblioteca) contamos dende o día 13 de marzo ata o 4 de maio, cunha exposición dedicada en exclusiva ao mundo das buxainas e das perinolas, e a biblioteca non podía deixar pasar a oportunidade de sumarnos á homenaxe que este xogo interxeracional tanto se merece.
Na biblioteca contamos cunha mostra de libros dedicados a estes xoguetes e ao mundo dos xogos que, pensando na primavera que xa asoma, seguro que darán moitas pistas do que podemos facer para botar unhas risas.
A biblioteca acollerá un obradoiro para a rapazada de entre 10-12 anos con moitas ganas de poñer a bailar buxainas e perinolas que traian ou que descubran aquí. O taller tamén contará con xogos creativos nos que deseñar e decorar a súa propia buxaina.
E se algún familiar quere acompañalos tamén poderá.
Para participar, só tedes que inscribirvos. Esperámosvos!