Desde Hércules Ediciones, editorial coruñesa que este ano celebra o seu 40 aniversario, presentan un dos títulos máis recentes do seu catálogo de lectura accesible: "A familia das curandeiras".
Personas adultas
11/12/2025
It has already ended
Entrada libre ata completar a capacidade
19.30 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Location Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
O xoves 11 de decembro ás 19.30 h terá lugar na sala de persoas adultas da Biblioteca Municipal Ágora a presentación da novela "A familia das curandeiras", que relata a vida dunha curandeira galega que viviu nos anos duros da Guerra Civil e a ditadura franquista.
No encontro contaremos coa presenza da autora do texto orixinal, Marisa Castro, así como tamén coa intervención de Cristina Sola, adaptadora do texto e unha das profesionais máis recoñecidas no ámbito da lectura accesible, acompañadas da editora Laura Rodríguez.
Sobre Marisa Castro
Marisa Castro (Lugo, 1955) é micóloga, doutorada en Ciencias Biolóxicas e socia fundadora da empresa MycoGalicia Plantae.
Durante máis de 30 anos foi profesora na Universidade de Vigo, onde impartiu Botánica e dirixiu casi unha decena de teses doutorais. A súa primeira profesión é a de docente, a segunda, sen dúbida, a de divulgadora científica.
Marisa é ecoloxista, amante da natureza e defensora da liberdade da muller, especialmente na figura da muller rural galega.
También te puede interesar