Presentación da reedición de "Árbol", de Julio J. Casal, en conmemoración da súa primeira edición na Coruña en 1925, pola editora Alfar.
Persoas adultas
Personas adultas
20/05/2026, 19:00 at 20:30
Entrada libre ata completar a capacidade
90 min. aproximadamente
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Calle Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
Biblioteca de Estudos Locais
Tlf.: 981 184 386
A Biblioteca Municipal de Estudos Locais acolle a presentación da reedición de Árbol, conmemorativa do centenario da primeira edición deste poemario na Coruña.
Árbol é a obra máis emblemática do poeta uruguaio Julio José Casal e foi publicada por primeira vez na Coruña, en 1925, pola editora Alfar.
Casal mantivo unha intensa relación coa cidade da Coruña, onde exerceu como cónsul do Uruguai entre 1913 e 1926. Durante a súa estadía desenvolveu unha importante actividade cultural: foi fundador da revista Alfar, ligada aos movementos de vangarda, e publicou nesta cidade o poemario Árbol, que constitúe o único libro da súa obra editado tamén aquí.
A reedición deste título supón unha oportunidade para redescubrir a figura de Casal e poñer en valor os vínculos históricos e culturais entre Galicia e Uruguai. Neste sentido, cómpre destacar tamén que a biblioteca conserva exemplares orixinais da revista Alfar e unha colección denominada Montevideo, que podería proceder dunha doazón vinculada ao propio autor.
Neste acto participarán Xosé Luís Axeitos, membro da Real Academia Galega e Pablo Eguren Casal, neto do autor e impulsor desta recuperación editorial. Acompañarán esta mesa Ramiro Rodríguez Bausero, cónsul do Uruguai, e Milagros García, directora adxunta da Biblioteca de Estudos Locais.