Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coliseum

O Coliseum da Coruña é un recinto multiusos vangardista e funcional, destinado a todo tipo de espectáculos, desde concertos, eventos deportivos, de lecer ou mesmo feiras sectoriais.

Imaxe Coliseum interior e exterior

Enderezo:

Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Teléfono:

981 134 450

Páxina web:

http://www.coruna.gal

Horario:

HORARIO DO DESPACHO DE ENTRADAS NO  COLISEUM: día do espectáculo dende as 17.00 h

HORARIO DO DESPACHO DE ENTRADAS NA SALA COLISEUM - O TÚNEL: 2 horas antes de cada espectáculo

Inaugurouse en 1991 cun concerto do músico Sting e dispón dunha capacidade variable segundo o espectáculo, pero que pode chegar ás 11.000 persoas, sendo o recinto cuberto de maior capacidade de Galicia.

Neste espazo celebrouse a Copa do Rei de Baloncesto ou xogaron os Harlem Globetrotters; e pasaron artistas internacionais de renome como Ringo Starr, os Pixies, Sting, B.B.King, Iron Maiden, Lenny Kravitz ou Celia Cruz, e nacionais como Sabina e Serrat, Alejandro Sanz, Dani Martín, Malú ou Ana Belén, que deleitaron os asistentes a golpe de éxitos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión