Concello da Coruña

Concello da Coruña

Como chegar á Coruña

Avión

Tes múltiples formas de chegar á Coruña. Podes facelo en coche, en tren, en avión, en moto, en bicicleta, en caravana e ata en barco...

A Coruña conta con aeroporto propio. É o Aeroporto de Alvedro e sitúase a 15 minutos do centro da cidade. Desde el podes voar a Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Málaga, Gran Canaria, París, Londres, Xenebra e Milán.

Ademais, a 45 minutos en coche ou 30 minutos en tren está o Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, desde o que podes conectar con múltiples cidades españolas e europeas.

Para facilitarche o desprazamento, o Aeroporto de Alvedro conta con servizo de transporte en autobús e taxi ao centro da cidade.

Tren

Se viaxas en ferrocarril, podes facelo comodamente e chegarás á emblemática Estación de SanCristovo, a media hora do centro camiñando. Se o prefires, podes ir en autobús ou taxi.

Tes opcións de longa distancia, en alta velocidade-AVE, desde Madrid e tamén en media distancia desde Vigo, Pontevedra ou Santiago de Compostela.

Coche

Se a túa opción é vir en vehículo particular, podes chegar á Coruña a través de varias vías de alta capacidade. A Autoestrada do Atlántico (AP9) conéctanos con Portugal a través de Santiago de Compostela, Pontevedra ou Vigo, entre outras urbes. A Autovía do Noroeste (A6) enlaza A Coruña con Madrid pasando por Lugo, Ponferrada e outras cidades castelás e a Autovía do Cantábrico enlázanos con Asturias, Cantabria e País Vasco.

Planifica a túa ruta aquí: Google Maps

Unha vez que chegues á cidade, recomendámosche aparcar o teu coche e utilizar o transporte público ou moverte camiñando.

Alugueiro de coche

No Aeroporto de Alvedro, na Estación de Tren de San Cristovo e no centro da cidade dispós de varias empresas de alugueiro.

Poñemos á túa disposición un Listaxe Empresas Alugueiro coches para facilitarche este servizo, así poderás coller un vehículo para moverte libremente ou facer unha pequena escapada con base na Coruña.

Autobús

Para chegar á Coruña en autobús, existen compañías como Alsa, Alsacalpita, Flixbus, Monbus ou Arriva, que ofrecen conexións, desde e cara á Coruña, tanto nacionais, internacionais ou mesmo interurbanas, con chegada á Estación de Autobuses da Coruña e inluso algúns deles con parada no centro da cidade.

A estación conta con zona comercial con establecementos de prensa, cafetaría ou farmacia, así como de servizos de consigna.

Ademais está ben comunicada co centro da cidade, desde a que se pode acceder en coche ou en taxi en menos de 10 minutos, ou se se prefire en autobús urbano.

Barco

Diversas compañías de cruceiros inclúen A Coruña nas súas rutas. A localización do Peirao de Transatlánticos, no corazón da cidade, permítelles ás persoas cruceiristas acceder rapidamente ás principais zonas comerciais e turísticas. Podes descargar máis información aquí

Se decides desprazarte en embarcación propia, en Marina Coruña ou no Real Club Náutico facilitaranche toda a información que necesites.

Autocaravana

Se planeas chegar á Coruña en autocaravana, a cidade dispón de diferentes aparcadoiro para a túa  Autocaravana para que poidas elixir aquel que se adapte mellor á túa estadía

Existen ademais instalacións privadas, como as que ofrece Marina Coruña con todo o que poidas necesitar.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión